12 sept 2022

O vento no horizonte das nosas aldeas, unidade didáctica integrada para Educación Infantil

                     
 


Este setembro presentamos O vento no horizonte das nosas aldeas, unha unidade didáctica integrada sobre o impacto dos polígonos industriais de xeneradores eléctricos.

Esta unidade didáctica é unha proposta da Asociación Rural Contemporánea á Comunidade de Saberes e Accións Arredor do Rural. Unha unidade didáctica deseñada para o nivel educativo de Educación Infantil feita como colaboración entre Rural C e a rede Arredor do Rural (impulsada pola asociación Avoar, o GI Esculca e a USC).

Hai un ano, dende a asociación comezamos a desenvolver o traballo do grupo de mapas GIS_MonferoDiNON (mapas nos que visibilizar os proxectos de macroeólicos proxectados e en tramitación nas nosas aldeas e territorios), os videos 3D, a campaña Natura2000 vs Eólicos en Galicia, o Informe Macroeólicos Galicia e ofrecendo outros moitos recursos. Partindo dos resultados do INFORME “MacroeólicosGalicia” 👈  e da necesidade de achegar ás escolas o impacto das industrias renovables nas nosas serras e aldeas, puxémonos como obxectivo ter unha unidade didáctica integrada que ofrecer a partires deste curso 2022-2023.

Esta unidade didáctica integrada para Educación Infantil vai acompañada do álbum ilustrado en versión dixital  "Unha carta prometedora". 

Podes descargar aquí os pdf coa unidade didáctica integrada, O vento no horizonte das nosas aldeas, e mais o álbum ilustrado, Unha carta prometedora

Se queres, temos tamén para descargar unha versión da unidade didáctica co texto xustificado ao centro.

A unidade didáctica e o álbum ilustrado están feitos para poder compartilos, usalos, melloralos..., baixo unha licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-SA 4.0), así que adiante! 

Deixamos un pequeno formulario coa intención de ter unha retroalimentación do uso da Unidade Didáctica Integrada "O vento no horizonte das nosas aldeas", tanto respecto a coñecer o seu impacto como tamén valoracións e suxerencias.

O vento no horizonte das nosas aldeas na prensa

Entrevista a Vanesa Castro na radio SER de Ferrol:

Una unidad didáctica para escolares aborda el impacto de los eólicos en las zonas rurales:

https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/actualidad/una-unidad-didactica-para-escolares-aborda-el-impacto-de-los-eolicos-en-las-zonas-rurales

Un millar de personas se manifiestan en A Coruña contra los parques eólicos:

https://cadenaser.com/galicia/2022/09/25/un-millar-de-personas-se-manifiestan-en-a-coruna-contra-los-parques-eolicos-radio-coruna/

Un proyecto didáctico lleva a las escuelas gallegas el impacto de los parques eólicos sobre el entorno:

https://enfoques.gal/eume/monfero/un-proyecto-didactico-lleva-a-las-escuelas-gallegas-el-impacto-de-los-parques-eolicos-sobre-el-entorno/ 

Un colectivo de Monfero crea una unidad didáctica sobre el impacto eólico en el rural:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/monfero/2022/09/28/colectivo-monfero-crea-unidad-didactica-sobre-impacto-eolico-rural/0003_202209F28C6996.htm

1 comentario:

  1. Parabéns!!! Avante com as unidades didáticas para educar em galego as crianças galegas

    ResponderEliminar