5 dic 2021

GIS_Impacto_GZ o informe do grupo de mapas de MonferoDiNON

Cúantas vivendas quedan dentro de polígonales industriais?
Cúanto patrimonio cultural catalogado? Cantos hábitats protexidos?
Cúantas casas de turismo rural e cámpings?
Cúantos kilometros de Lineas de Evacuación LAAT atravesan Resevas da Biosfera ou zonas de interese ambiental protexidas? 

Son só algunhas das preguntas do noso proxecto actual “GIS_impacto_GZ” . Consiste en cruzar os datos que xeramos desde os movementos sociais, xunto cos datos doutras entidades e con datos relacionados co patrimonio ambiental, cultural, demográficos, sociais, agropecuarios e de turismo de Galicia. Esperamos que sirva de prototipo para outros proxectos a nivel estatal

Lanzamos esta campaña co grupo de Mapas de MonferoDiNon para facer un informe que analice o impacto das infraestructuiras industriais nas vidas e o patrimonio das comunidades rurais.
 

🦌🦌🦉🦉🦅🦅🦅🐝   curuxas, corzos, buxatos e enxamios comenzan a formar o ecosistema de apoio á iniciativa que podes consultar en https://opencollective.com/gismonferodinon con todo detalle e transparencia e na que agardamos queras participar.

Podes acceder tamén a o docs: As 155 preguntas do informe Gis_impacto_GZ

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario