Seguindo coa actividade do Club de Andar, o pasado sábado 24 de Xullo 2021 unímonos á Plataforma Monfero Di Non, e as asociacións: Amigos/as do Mosteiro de Monfero e Asociación de Veciños/as de Taboada, no roteiro polo alto da Serra de Queixeiro.
Un roteiro de dúas horas que arrincou en Leguas e chegou até o mirador de Caaveiro e a Fraga de despois, pasando polo Penedo Gordo e o Berce de San Rosende (patrimonio catalogado).
Líquenes, musgos e outras plantas da Serra de Queixeiro
Berce de San Rosende
Uns din que esta poza mana auga, outros que a auga está estancada, e soamente se renova coa choiva. Sexa como fora, mellor non comprobalo. Non hai tanto tempo que a xente viña a este berce a sanar as enfermidades. Conta a historia que unha vez un home quitou a auga toda, vaciouna, e caeron sobre el as mil maldicións, e moito padeceu até morrer.
Mirador de Caaveiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario