6 may 2021

Libros de Gonzalo Fernández Martínez na biblioteca de Rural C - Monfero

Amigas da lectura,

como sabedes, os encontros literarios de lectura e escritura de relatos da asociación, están en pausa por mor da pandemia. Mais seguimos emprestando libros dende a biblioteca da asociación a aquelas persoas que estean interesadas.

Temos novos libros que poden ser do voso interese. Trátase dos libros de Gonzalo Fernández Martínez, quen foi veciño de Vilachá
.

Deixámosvos unha nota autobiográfica de Gonzalo:

"Nacín nunha pequena aldea coruñesa. Nela pasei os primeiros anos da miña vida. Gustábame o campo, a agricultura, e sobre todo, plantar árbores en liña recta. Recorría todos os días 10 km a pé, na miña ida á escola e volta á casa. Unha serie de circunstancias imprevistas fixo que a miña familia deixase o campo, e eu con eles, e trasladámonos a Ferrol.
Alí estudiei en bacharelato e, nos últimos anos do mesmo, comencei a escribir.
O salto xeográfico seguinte deino a Madrid para estudar ciencias económicas na universidade.
Obtiven o título no ano 1963. Coa chegada a Madrid acentuouse a miña vocación xornalística, orientada cada vez máis cara os temas sociolóxicos e económicos.
Simultaneando cos meus estudos de economía, escribín algún ensaio e uns centos de artigos sobre temas socioeconómicos.
Co paso do tempo fun centrándome no
xornalismo económico, simultaneando co exercicio da miña profesión como economista"

Gonzalo Fernández Martínez ten publicado máis de 2.500 artigos en medios como La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, El Correo Gallego, e en numerosas revistas especializadas.

Entre os libros que xa están na biblioteca de RuralC Monfero temos varios relacionados coa "economía rural e agraria". Na foto podedes ver os títulos:



 








 

 

Tamén temos unha decena de exemplares do conto "Pipo y el cordero", dos cales xa temos regalados algúns a nenos e nenas do concello.

 

Xa sabedes que podedes vir á asociación ou pedir os libros a través do grupo de WhtasApp ou do mail hola@ruralc.com

Saúdos.

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario