Vanesa Castro participou no vídeo "Tecnofeministas. Cinco voces para construír igualdade dende as redes", que forma parte da campaña #OitoM, Moito por facer. As adolescencias como axentes de cambio.
No marco das actividades impulsadas pola Deputación da Coruña para aconmemoración do 8M, buscouse xerar un contido de utilidade e interese para as adolescencias da provincia en torno á creación de contradiscursos e ao activismo feminista no seu encontro coas TICs.
Se a desigualdade e as violencias do mundo analóxico teñen a súa traducción ao mundo virtual, dende a área de Igualdade da Deputación da Coruña, quixeron axudar á mocidade a identificar aquelas mensaxes reproductoras das desigualdades, ao tempo que se lles facilitan ferramentas e referentes para xerar discursos alternativos dende os que fomentar a igualdade e actuar ante o machismo e a LGBTIfobia.
Isto fixéronno a través do deseño e difusión dun material didáctico que incorpora pequenas “entrevistas” en vídeo. Ao tempo, lanzaron unha campaña animando á mocidade a xerar contido orixinal co que amplificar a conversa nas súas redes. Contan coa complicidade do persoal técnico dos Concellos da provincia, os centros educativos, as asociacións de mocidade, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario