No marco da actividade "Hai que andar, Monfero 2020" temos realizado a película MONFERO 2020.
É unha película de corte documental que acompaña a vida en Monfero neste ano 2020, facendo un percorrido visual e sonoro. Unha mirada sobre a cotiandade do territorio, que retrata ás persoas nas súas labores e oficios, as paisaxes e os lugares.
A película foi guionizada e dirixida por Vanesa Castro, e montada, sonorizada e posproducida por Iñaki López, da produtora independente Fur Alle Falle. Está producida dende a Asociación RuralC co apoio do Concello de Monfero.
"Hai que andar, Monfero 2020" é unha actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.
Facemos unha proxección ou pre-estrea o día 12 de Decembro no Polideportivo Municipal de Monfero, ás 18:00 horas, con todas as medidas preventivas ante o COVID-19.
No hay comentarios:
Publicar un comentario