13 dic 2020

MONFERO 2020

Presentamos a película MONFERO 2020, realizada no marco da actividade "Hai que andar, Monfero 2020" subvencionada pola Deputación da Coruña.

É unha película de corte documental que acompaña a vida en Monfero neste ano 2020, facendo un percorrido visual e sonoro. Unha mirada sobre a cotiandade do territorio, que retrata ás persoas nas súas labores e oficios, as paisaxes e os lugares.  

A película foi guionizada, gravada e dirixida por Vanesa Castro, e montada, sonorizada e posproducida por Iñaki López, da produtora independente Fur Alle Falle.
 

Está producida dende a Asociación RuralC co apoio da Deputación da Coruña e o Concello de Monfero.

 

  • "Un documental excepcional sobre un territorio excepcional" _ Xosé Maria Ferro Formoso.
  • "Bonito retrato en crudo. Superrealista. Me recuerda a aquellos experimentos literarios - fílmicos con pretensiones objetivas y de verité. Pero hacerlo ahora tiene más sentido: estamos tan saturados de visiones y de historias... pero la realidad casi no tiene tiempo de aparecer. Ya era tiempo para el tiempo 👏👏👏"  _ Xabi Viana.
  • "Todo Monfero e toda Galicia están ahí" _ Ana del Rio Cajiao.
  • "En tan solo 20 minutos de metraje, esta película documental consigue convertirse en una auténtica experiencia sensorial. Nos guía por la vida rural de Monfero para demostrarnos que incluso en 2020 el día a día de las personas, como la corriente del río, tampoco se detiene. Un retrato de gran sensibilidad y ritmo poético". _ Paloma Martínez. 
  • "Una película que nos muestra la nostalgia del pasado. el realismo del presente y la esperanza en la permanencia del rural." _ Mercedes Ordóñez.



No hay comentarios:

Publicar un comentario