👆👆 Deixámosvos unhas imaxes do que foi o Club de andar deste 2020.
O club de andar consistiu en dinamizar e impulsar un grupo de persoas para camiñar pola parroquia e polo concello adiante.
O feito de camiñar xuntas é a escusa para falar, contar historias, coñecernos, reforzar os vínculos veciñais e coñecer o territorio, pasear polos lugares, e manter camiños e rutas.
O Club de andar quere favorecer a saúde emocional e física da nosa veciñanza.
É a continuación do proxecto cultural das andainas de “Historias de Vilachá 2019" e da publicación “Hai que andar”.
Unha actividade enmarcada no programa "Hai que andar Monfero 2020", actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.
Xunto a esta actividade desenvolvimos tamén "Monfero 2020", a película.
Outras entradas do club de andar:
http://www.ruralc.com/2020/05/o-club-de-andar.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario