11 may 2020

O Club de Andar


 


Consiste en dinamizar e impulsar un grupo de persoas que se xunten a camiñar pola parroquia 

e polo concello adiante. 

O feito de camiñar xuntas é a escusa para falar, contar historias, coñecernos, reforzar os vínculos 

veciñais e coñecer o territorio, pasear polos lugares, e manter camiños e rutas. 

O Club de andar quere favorecer a saúde emocional e física da nosa veciñanza.  

É a continuación do proxecto cultural das andainas de “Historias de Vilachá 2019” e da publicación 

Hai que andar”.

Imos comenzar en maio do 2020 na parroquia de Vilachá, aberto a persoas doutras parroquias 

ou lugares, coa idea de que poda replicarse nas diferentes parroquias do concello. 

Temos unhas rutas pensadas, pero segundo andemos iremos vendo.


A primeira xornada será o sábado dia 16 de Maio no cruceiro de Vilachá ás 16.30 horas. 

Faremos a ruta Cruceiro - Pazo - Regueiro - Penedo - Val - Naveira - Souto - Pedrón- Casanova - 

Fonte da Vila - Cruceiro.


Todas as participantes teñen que manter o protocolo COVID. É obrigatorio o uso de mascarillas e 

a distancia mínima de 2 metros.


Comunicaremos todas as novas polo grupo de Whatsapp. 

Contacto: 609821021

 

"Hai que andar, Monfero 2020" é unha actividade subvencionada pola Deputación da Coruña. 

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario