14 oct 2019

Visita aos petróglifos de Vilachá



O sábado 12 de Outubro do 2019 fixemos a visita aos petróglifos de Vilachá xunto co arqueólogo Antón Malde. No marco das actividades Historias de Vilachá 2019.

 

Quedamos ás 19:00 no Cruceiro. Formamos un grupo dunhas 35 persoas. Dende alí fomos camiñando por Fonte da Vila, Casanova, o Pedrón e o Souto até a pista que baixa cara Avercobo. Chegamos ao lugar dos petróglifos á tardiña. Visitamos o conxunto de petróglifos de Edreiros, 1, 2 e 3.


Rodeamos as rochas e Antón contounos moitas cousas sobre este tipo de patrimonio, sobre as súas orixes e sobre como tratar de interpretalos e lelos.
Podes ver máis información no PDF : Gravados rupestres no Concello de Monfero. do Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos. Publicado no Anuario Brigantino no ano 2016. 
Logo voltamos pola Naveira, o Regueiro e o Pazo até chegar ao Cruceiro. Unha noite fermosa e tranquila, e ademais ca luz da lúa chea acompañándonos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario