6 oct 2019

Segunda andaina das Historias de Vilachá

Nesta segunda andaina de Vilachá estivemos 3 persoas. A data coincidiu casualmente con outros eventos na parroquia. Así que aló fomos. Comezamos no Cruceiro e fomos camiñando até O Pazo. Alí paramos e lembramos a casa do cura, que agora está tapada polas silvas e a maleza.


Despois fomos polo Regueiro, polo Penedo, polo Val, até chegar á Naveira.



Achegámonos a ver a "zona recreativa da Naveira", onde fai un tempo xuntábase algunha xente. Tamén ían celebrar o magosto nenas e nenos do colexio do Xestal. Actualmente está abandoado, aínda que persisten os columpios e case todo o mobiliario.

 

Metímonos por uns camiños até chegar a un souto que ten unha mesa, onde paramos a ler varias das Historias:

Eu quería ser de Torres
A festa era o camiño
Co cable da luz
Eras boa para ser cativo

 



Logo fomos polo Souto, polo Pedrón, e alí parámonos a ver o mar. Tiñamos unha tarde desas claras nas que se ve moi ben ao lonxe. Dende alí divisamos o Monte de San Pedro, a Torre de Hércules, e moitos outros montes e saíntes no horizonte.


Despois fomos para a Casanova, e antes de chegar á Fonte da Vila, collemos uns carreiros polo monte para ver se podiamos chegar até o Cruceiro sen ter que pisar a carretera nacional. E por alí fomos parar á carretera que vén do Porto, xa bastante preto do Cruceiro.
Aínda ficamos alí no adro da igrexa, falando un pouco até que se foi o último raio de sol da tarde.




No hay comentarios:

Publicar un comentario