O sábado 19 de outubro, Vane participou como convidada no I Encontro sobre Arte e Territorio, Que tal, Mileto?
Un punto de encontro de iniciativas artelladas ao redor da exploración dos territorios. Confluencia entre prácticas artísticas e comunitarias, cartografías subxectivas, experiencias de possta en valor do inmaterial e outros formatos que discorren sobre os sentires dos lugares que habitamos. Un diálogo (amenizado) entre divulgadoras, artistas, profesionais do social e público inquedo. E este foi o programa:
Óscar Senra e María Abelleira de MAOS Innovación Social
Xoán-Xil López
Horacio Gómez de CGEOMAP
Nacho Muñoz e Marcos Ptt de COLECTIVO GALIZA EMOCIONAL
Ágata Dzianach e Lukasz Dzianach de GRUBY PUNKT
Carmen Nieto de FÁLAME DE SAN SADURNIÑO
Vanesa Castro de RURAL- C
Uxía Estévez, Rosinha Rojo, Rafa Otero de FESTIVAL ARTEFICIAL
Audipaseo Emocional
Orquestra Experimental
Vane deu unha charla, na que fixo un lixeiro percorrido de toda a nosa traxectoria e experiencia entorno a esa confluencia de arte e territorio.

Deixamos aquí un índice/relato da intervención:
Presentación.
2003, colectivo Fur Alle Falle, xunto a Iñaki López. Axitación cultural. Dende diversas disciplinas, como colectivo, implicando a diversas comunidades, colectivos e territorios.
Característica: sempre facer unha boa documentación de todo, e filosofía copyleft.
2006_ Traslado a Portugal, ao Alentejo, a traballar coa asociación cultural Oficinas do Convento.
Formamos parte activa desa comunidade. Axitación no rural.
A partir de aí, quedámonos a vivir no rural e a traballar a axitación cultural dende a aldea.
Portugal_La Mancha_Galicia.
Despois de traballar con distintos colectivos e asociacións, fundamos RuralC, como entidade, no 2010.
Activismo e ecoloxismo:
Plataforrma contra as fumigacións, xunto a outros colectivos como AGA/Adega/Verdegaia. Campañas contra o flufenoxurón e contra o uso do glifosato.
Encontro de Transición e Decrecemento.
Montenoso. Con comunidades que xestionan ls MVMC. Mediación + cultura + TIC´s_ patrimonio inmaterial.
Outros proxectos, como Noisemede, misaMix, apicultura…
2017_Beca Cultura no rural. O ecosistema cultural de Montemor-o-Novo. Investigación e estudio dun ecosistema cultural activo. Chaves para reactivar e dinamizar ecosistemas culturais. Aplicar esas chaves en Galicia.
RuralC: Proxectos de cultura de base. Cultura espectáculo e cultura de base. As persoas son protagonistas, nun papel activo.
Proxectos locais. Memoria local. Historias de Miño e Historias de Vilachá.
Proceso. Confianza, participación, valorizar ás veciñas como protagonistas.
Autoeditamos e publicamos os libros, e a partires das historias, programamos actividades.
Detectar persoas e axentes activas. Enganchar a esas persoas, avivando o ecosistema, do lugar no que vivimos.
Programamos para ter o que queremos, para pasalo ben, e conectar coa xente da aldea e da comarca, buscando intereses comúns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario