Historias de Vilachá é un arquivo de memoria local da parroquia de Vilachá, Monfero.
Un proceso que consistiu en compilar historias e anécdotas contadas polas veciñas, agrupalas, e facer con elas unha web, un mapa online e un libro que se regalou ás persoas da parroquia que participaron e ás que acudiron ao acto de presentación.
A actividade tivo un orzamento total de 9.454,03 € financiados integramente pola Asociación RuralC.
Nas entrevistas e visitas polas casas participaron 34 persoas. A media de tempo das visitas e entrevistas foi de catro horas por casa.
Visitamos persoas de diversas idades tendo especial atención ás máis maiores.
Ao acto de presentación acudiron unhas 60 persoas.

O noso traballo foi coller historias. Iamos polas casas e diciámoslles ás veciñas unhas collen a herba e outras as historias, para presentarlles o traballo que estabamos a facer, interrompendo o seu día a día na procura de historias. Axudamos nas labores que interrompemos e fomos ben acollidas en cada cociña que visitamos. A media de tempo das visitas e entrevistas foi de catro horas por casa,
entrevistas que foron gravadas en audio e logo escoitadas e transcritas a
texto. Visitamos persoas de diversas idades tendo especial atención ás máis maiores.
As visitas foron abrindo e confirmando fíos narrativos e as testemuñas recollidas serviron de fondo para irmos construíndo os diversos relatos.
Moitas destas historias e vivencias son comúns, e foron contadas por diferentes persoas. A nosa misión foi agrupalas, darlles unha estrutura e achegarlles algo de enxeño.
Na construción dos textos tratamos de manter a fala e as expresións da parroquia. As narracións están construídas como un relato común e compartido.
As historias trasládannos a diferentes pasados. Hai varios relatos que contan anécdotas de épocas moi antigas e recorren a documentación histórica como o Catastro de Ensenada. Moitos outros fálannos dos principios do século XX e das décadas dos 40, 50, 60, até chegar a actualidade. Acceder a estes pasados permítenos ter unha ollada temporal sobre o territorio e ter unha visión comparativa co presente.
Na páxina MAPA da web podes acceder a 3 mapas:
O mapa Historias de Vilachá en google maps, onde están situadas as fontes, os muíños, lavadoiros, petroglifos, algún outro patrimonio, e tamén as historias.
A Carta Xeométrica de Galicia; un mapa realizado non 1834 polo galego Domingo Fontán.
E o mapa do voo americano 1956-1957 no que podes entrar e ver como eran os lugares de Vilachá nesa data.
O Libro
É unha edición de 200 exemplares. Son para regalar entre as persosas veciñas que participaron no proceso e as que viñeron ao acto de presentación, mais a algunhas institucións ou bibliotecas. Se estás interesada en adquirir un libro manda u mail a hola@ruralc.com

A presentación
O día 30 de decembro de 2018 fixemos a presentación do arquivo na escola de Vilachá. Dende ás 17 até as 20 horas. Acudiron unhas sesenta persoas, a maioría veciñas da parroquia e outras de parroquias veciñas.
Estivemos ensinando como acceder á web e navegar no mapa e lendo os relatos que a xente elexiu.
Logo houbo un pequeno catering no que a xente comentou anécdotas e cadaquén colleu o seu libro adicado.
Moitas das adicatorias fixéronse ás familias, comezando polas persoas máis novas da casa até as persoas máis maiores.

O arquivo Historias de Vilachá é outro retrato social. Sitúa o patrimonio e a memoria dende as experiencias e emocións das persoas da parroquia, dende as diversas subxectividades cara unha subxectividade común. As historias que presentamos son soamente algunhas das que hai, son fragmentos das vidas, e probablemente están incompletas. Son relatos construídos entorno ao non catalogado, entorno ao patrimonio inmaterial que é o que lle imprime vida ao patrimonio material. Podemos atopar relatos sobre a cultura, o patrimonio etnográfico, antropolóxico e natural. Sobre o xeito de vivir da xente na parroquia antigamente, os hábitos, os oficios e os traballos, as crenzas, os animais e os cambios sociais e tecnolóxicos.
A web de Historias de Vilachá recompila os textos coas ilustracións, vídeos, e fotos de lugares e de documentación antiga.Na páxina MAPA da web podes acceder a 3 mapas:
O mapa Historias de Vilachá en google maps, onde están situadas as fontes, os muíños, lavadoiros, petroglifos, algún outro patrimonio, e tamén as historias.
A Carta Xeométrica de Galicia; un mapa realizado non 1834 polo galego Domingo Fontán.
E o mapa do voo americano 1956-1957 no que podes entrar e ver como eran os lugares de Vilachá nesa data.
O Libro
É unha edición de 200 exemplares. Son para regalar entre as persosas veciñas que participaron no proceso e as que viñeron ao acto de presentación, mais a algunhas institucións ou bibliotecas. Se estás interesada en adquirir un libro manda u mail a hola@ruralc.com

A presentación
O día 30 de decembro de 2018 fixemos a presentación do arquivo na escola de Vilachá. Dende ás 17 até as 20 horas. Acudiron unhas sesenta persoas, a maioría veciñas da parroquia e outras de parroquias veciñas.
Estivemos ensinando como acceder á web e navegar no mapa e lendo os relatos que a xente elexiu.
Logo houbo un pequeno catering no que a xente comentou anécdotas e cadaquén colleu o seu libro adicado.
Moitas das adicatorias fixéronse ás familias, comezando polas persoas máis novas da casa até as persoas máis maiores.
Nos seguintes días estivemos entregando o libro ás persoas que
participaron e non puideron vir a presentación, lendo con eles os
relatos nas súas casas.
Futuro do arquivo de memoria
O arquivo que comezamos a facer no 2018 está inacabado. As historias están incompletas. As propias persoas coméntannos que, agora, tras visitalos e entrevistalos, lembráronse de moitas máis anécdotas. Tamén abríronse outros fíos para a investigación, como consultar os traballos, vídeos e gravacións de Carmelo Lisón Tolosana e de Fernández de Rota, antropólogos que xa andiveron pola parroquia anteriormente recollendo información e testemuñas.
O día da presentación abrimos o arquivo á participación e ideas das persoas veciñas. Ademais de seguir recollendo as historias, o plan para o 2019 é facer tamén algunhas actividades relacionadas coa memoria e as historias, como un obradoiro de reciclaxe de sabos e sabas, rutas para visitar os lugares e o patrimonio das Historias de Vilachá, como os petroglifos ou as fontes.
Haiche máis historias que eucaliptos, díxonos alguén.
Pero non hai quen as corte nin quen as pague, dixémoslle nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario