23 nov 2018

Historias de Miño. Encontros nas parroquias.


Neste outono continuamos recollendo as historias da veciñanza de Miño. Presentamos o arquivo de memoria local e conversamos sobre a historia das persoas veciñas e a historia de cada unha das parroquias.

Os encontros tiveron lugar nos seguintes lugares:
Bañobre, Miño, Leiro, Bemantes, Callobre, Carantoña e Xarío, onde nos xuntamos con persoas de San Xoán de Vilanova e de San Pedro de Perbes.

Agradecemos as convesas, os debates, as reflexións, as anécdotas e os recordos compartidos connosco ás persoas participantes. Grazas pola vosa xenerosidade.

Coa emoción do primeiro día, esquecemos facer unha foto co grupo de memoria de Bañobre. Deixámosvos fotos dos encontros e das conversas.

Coa asociación de Amas de Casa de Miño.
 

 
Coa asociación de veciños A Irmandade, de Bemantes.


 
 Co grupo de memoria de Callobre.


 
Co grupo de memoria de Carantoña.


Co grupo de memoria de Xarío.






No hay comentarios:

Publicar un comentario