O pasado 22 de setembro dende Rural C participamos na segunda edición do Festival Son Labreg@, organizado polo Sindicato Labrego Galego, que desta vez elixiu como escenario o entorno do Cinema Palleiriso, en Garabelos (parroquia de Mariz).
Trátase
dunha iniciativa dos mozos e mozas do SLG que están
organizadas ao redor de Mocidade Labrega e que nos explicaron
polo miúdo dúas das persoas que a integran: Sonia Vidal Lamas, gandeira que, ademais, forma parte da Executiva do SLG; e Vítor Fernández, gandeiro tamén e membro do grupo chantadino Liviao de Marrao.
Co o lema “Construíndo soberanía alimentaria e cultural”, este festival pretende ser “unha
xornada lúdica e festiva na que o lecer e a convivencia non
estean rifados cos debates ou a reflexión”, explicou Lamas. “A
intención é que a sociedade galega e, especialmente,
aquelas persoas que nos queiran acompañar, poidan coñecer as
problemáticas e desafíos aos que nos enfrontamos día a día
nun ambiente festivo e en clave positiva”.
Nun plano de diálogo e debates, a programación deu contido a
esta intención con dúas palestras. Na primeira, sobre soberanía alimentaria, falaron mozos e mozas que
xestionan anovadores proxectos agrogandeiros, como Ana Corredoira (Lácteos A Cernada), Alberto Santín (gandeiro de ovino e caprino), Xosé García (Casa da Fonte, lácteos) ou Mónica Llenderrozos (gandeira de Oscos).
Xa poñendo o foco en iniciativas culturais que se están a
xerar dende o noso rural, nunha segunda palestra, participaron Xosé Antón Bocixa (cineasta, xestor da produtora audiovisual Tingalaranga e cantante do grupo Zënzar), Anxo Moure (Cinema Palleiriso), Lola Tourón (Cestería Viva) e Vanesa Castro, de Rural C.
“Todo isto sen perder o sentido crítico”, puntualizou Sonia Vidal, “pois,
dende Mocidade Labrega, con este festival tamén queremos
denunciar a nefasta xestión que se está a levar a cabo do
rural dende as administracións, deixándonos decotío aos
mozos e mozas que vivimos no rural a única saída da
emigración”.
Deixamos aquí un video feito por Canle Ribeira Sacra sobre o evento:
No hay comentarios:
Publicar un comentario