16 oct 2018

Entrevista sobre cultura rural en Novas da Galiza

O periódico Novas da Galiza, no seu número 169 Xullo/Agosto 2018, na páxina 28, publica una entrevista a Vanesa sobre a investigación "O ecosistema cultural de Montemor o Novo"
Algúns dos textos destacados son:

As persoas da cultura teñen un papel crave na revitalización do rural.

Aínda que repliques as estratexias dun ecosistema cultural non tes asegurado o éxito, hai un factor crave: as persoas e as súas vidas.

Estamos nun momento no que ademais de ter en conta ás persoas expertas, debemos pensar no valor da desexpertización e dos equipos transdisciplinares. É fundamental para escapar á lóxica capitalista esmagadora que acaba antepoñendo ou capital á vida.

Tentei falar con persoas da política sobre o meu traballo, pero sen moito éxito.




No hay comentarios:

Publicar un comentario