16 nov 2018

Da colmea de RuralC á onda. Ceras de surf con UlaOla.

Colaboramos na fabricación dunha serie de ceras para surf con UlaOla.

https://shop.ulaola.site/product/organic-bees-surfwax



Pablo, dende UlaOla, fabrica obxectos relacionados co surf, como quillas, accesorios, e táboas feitas de madeiras e cortizas. Traballa cunha lóxica maker de fabricación dixital, é inventor e argalleiro. Faio de maneira “sustentable”, cos materiais máis "eco" que pode atopar. Tamén arranxa e repara táboas de surf no seu local da Coruña.

Iñaki, é parte de RuralC e desenvolve proxectos de cultura vinculados ao rural desde a asociaciónRuralC, desde a que producen/colleitan mel, cera, pole e propoleo.

Ambos son surfeiros desde hai moito tempo e teñen esa relación especial/espacial co mar.


A fabricación e o uso de produtos relacionados co mundo do surf é brutal.
En 2015 estimábase que había 2.700.000 surfeiros en todo o mundo e parece que o número crece exponencialmente.
Din as linguas que cada ano fabrícanse 400.000 novas táboas de surf, feitas de escumas e resinas sintéticas. Adoita usarse tamén poliester sintético e teas de nylon derivadas do petróleo. Os traxes de neopreno están feitos dun caucho sintético producido a partir de subproductos do petróleo.
Dos 6 millóns aprox. de pastillas de cera de surf adquiridas anualmente en todo o mundo, a maioría conteñen unha mestura de ingredientes de orixe petroquímico, moitos non biodegradables. Unha pastilla de cera de surf pode conter unha mestura de:
cera de parafina (subproducto petroquímico)
vaselina (subproducto petroquímico)
cera microcristalina (subproducto petroquímico)
vistanex (subproducto petroquímico)
colas sintéticas, resinas colorantes sintéticos e fragancias.
Ademais, algunhas marcas ecolóxicas usan aceite de palma ou de dubidosas procedencias.

"Se analizas os produtos da industria do surf dásche conta de que só un pequeno número de empresas comprométense coa contorna e a biodiversidade. Non pode ser que dependamos tanto do petroleo procesado cando temos a cera das abellas, a de mellor calidade, aí parada".
comenta Iñaki.

Máis aló do ECO, BIO ou orgánico, a lóxica do proxecto é facer ceras para surf da maneira máis permacultural posible, con ingredientes moi básicos e de proximidade.


"en RuralC temos unha relación de simbiose coas abellas, dámoslles unha casa e elas déixannos mel, cera, pole e propoleo. Cando queren vanse, e outros enxames, se cadra, veñen" 

"a verdade, non sabiamos que facer coa cera das colmeas, xa probaramos a facer algunha crema... , pódela vender por pouco prezo nas feiras de apicultura, e creo que adoita acabar en mans da industria, mesturada con petroleo"


No 2017 Iñaki empezou a facerse as súas primeiras ceras de surf de uso persoal. Mesturando cera virxe das súas abellas con diferentes resinas de árbores autóctonas do entrono e aceite de oliva virxe. Logo entrou Pablo no proceso, fixéronse os primeiros moldes e revisáronse os ingredientes e as fórmulas.

Tras moitos tests no estudo, e probas de campo con surfeiros da comarca de Ferrol e Coruña, en setembro de 2018 presentouse a primeira serie de ceras UlaOla. 100 exemplares feitos a partir de cera virxe procedente da Asociación RuralC (Monfero), a Comunidade de Montes Veciñais en man Común do Monte Raño (Irixoa) e outra pequena explotación apícola de José Pérez en Ourovello (Paderne). Os ingredientes usados nesta serie seguen sendo cera de abella virxe, aceite de oliva virxe, e colofonia (resina) de piñeiro.


Podes velas na web de UlaOla: http://ulaola.site/wax/es

" a cera de surf de UlaOla é como un coche solar, non lle podes pedir as mesmas prestacións que a un gasolina. É outro paradigma"
"é outra experiencia, está máis viva, aféctalle máis a temperatura ambiente"
"Cando levas a táboa no coche podes cheirar e percibir de que vai o asunto, cheira ás colmeas e ao bosque de piñeiros"
 "Creo que non vou volver a comprar parafinas comerciais, é un triunfo persoal que queremos compartir."
O proxecto segue adiante, a idea é continuar facendo ceras de surf, mellorar o proceso, conseguir variables, e optimizar as ceras para surf de UlaOla & RuralC.

Na prensa:
https://www.soynadie.net/2018/09/29/general/as-de-la-colmena-a-la-ola/
https://www.elperiodico.com/es/sociedad/20180929/de-la-colmena-a-la-ola-7061032
http://cadenaser.com/emisora/2018/09/29/radio_coruna/1538214483_290203.html
https://www.diariodenavarra.es/noticias/magazine/sociedad/2018/09/29/dos-espanoles-lanzan-una-cera-para-tablas-surf-procedente-colmenas-613405-1035.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/yes/2018/12/15/cera-abejas-gallegas-surf-ecologico/0003_201812SY15P32991.htm





No hay comentarios:

Publicar un comentario