20 oct 2016
Nodo de iniciativas galegas
O nodo de iniciativas galegas é unha actividade enmarcada dentro do Encontro de Transición e Decrecemento 2016 que se celebrará en Betanzos durante o 29,30 e 31 de Outubro.
Este nodo ou grupo de traballo pretende agrupar a persoas de iniciativas galegas relacionadas coa transición e o decrecemento no máis amplio sentido. Os obxectivos son: Coñecerse e situarse. Compartir coñecemento e experiencias, problemas e solucións, fracasos e éxitos. E reforzar e tecer redes de iniciativas.
As dinámicas que queremos implementar son:
1) Presentación e mapeo de iniciativas locais.
Cada participante presentarase (éxitos e fracasos) e se mapeará dicindo que "Sabe facer / Quere aprender."
2) Problemas e solucións. Dinámica na que xogaremos a atopar problemas ou preocupacións comúns e as súas posibles solucións.
3) Activar un posible banco de tempo, posibles colaboracións e proxectos en rede. Activar calendarios de actividades para inverno.
4) presentación de resultados ao resto de participantes do encontro. (10 minutos)
Temos que montalo entre todas!
Confirma a tua asistencia e aporta cousas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario